No caso de que podamos dispoñer de Internet é moi útil a seguinte páxina:
http://www.juegos-geograficos.com/
Nela, seleccionando, o país do noso interese podemos xogar a atinar con cidades, pobos, etc. de diferentes partes do mundo.
P.D.- Quero dicir, claro, no caso de que podamos dispoñer de un ordenador e conexión á rede por cada dous ou tres alumnos.
Nas seguintes ligazóns -recollidas de aulaAragón- dispoñemos de mapas mudos para practicar:
Fáltanos nesa relación o de Oceanía así que, para acadalo, podemos ir á páxina :
Si, estamos afeitos a dicir blog pero poucos sabedes que esa palabra vén de xuntar web con log e despois reducila a blog.
Web que traducimos como tea, tecido, tearaña e log como tronco, ao comprimirse xuntas, seguen facendo referencia a un diario publicado en liña.
O acto de escribir un blog coñécese como blogging e a persoa que escribe é un blogger.
Así que, a partires de que comecedes a publicar os vosos descubrimentos para o Proxecto Interdisciplinar do IES A Xunqueira II, vós, alumnos de 1º ESO, sodes bloggers.
¡Ánimo, e a aprender divertíndose e divertirse aprendendo!